O conselleiro de Educación recibe no Mupega aos 35 participantes dun encontro do proxecto Comenius multilateral

Os asistentes están a participar na primeira reunión internacional “Upper Secundary Education according to ET 2020” que se está a celebrar na Guarda

Xesús Vázquez reuniuse con representantes do IES A Sangriña, organizadores da reunión, así como dos centros participantes, profesores e estudantes do programa de Mobilidade de Alumnos Comenius

Xov, 17/11/2011 - 14:31
Xesús Vázquez cos participantes na reunión do Upper Secundary Education acording
Xesús Vázquez cos participantes na reunión do Upper Secundary Education acording to ET 2020

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe aos 35participantes da primeira reunión multilateral Comenius “Upper Secundary Education according to ET 2020. From school to University and labour market” que se está a celebrar na Guarda.

O encontro co conselleiro produciuse no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago, e ata el se achegaron os asistentes a dita reunión. Así no acto, na que tamén estivo presente o director xeral de Educación, José Luis Mira, recibiuse aos representantes de centros educativos do programa Comenius procedentes de Termi, Italia; Gante, Belxica; Estambul, Turquía, Rebeira Brava (Madeira), Portugal; Mosjoen, Noruega, e Zabrze, Polonia. Así como una profesora visitante de Alemaña e dous mestres do IES A Sangriña da Guarda, centro organizador da reunión que se está a celebrar desde o luns e ata mañá na localidade pontevedresa.

No encontro celebrado en Santiago tamén foron recibidos mestres procedentes de Creta, Grecia; Neumünster, Alemaña; Madeira, Valença e da Universidade de Santiago e o IES Montecarrasco de Cangas, Pontevedra. Xunto a todos eles o conselleiro tamén estivo cos 13 estudantes, dos que sete son de Portugal, catro de Polonia e dous son daneses. Estes están a participar no programa MAC (Mobilidade de Alumnos Comenius) que están a cursar o primeiro trimestre do curso académico no IES A Sangriña.

Encontro na Guarda

Todos os asistentes ao encontro que se realizou esta mañá no MUPEGA están a participar nun encontro coordinado polo IES A Sangriña . Dentro das actividades programadas estaba incluída a visita ao Mupega, así como unha sesión de traballo conxunta coa Facultade de Filoloxía.

Cómpre sinalar que esta reunión versa en torno á Educación Secundaria como vínculo de unión entre a escola e a universidade e o mundo laboral, e sobre os principais puntos sobre os que traballar para que os estudantes desenvolvan as súas habilidades e adquiran as competencias que precisan de cara ao mundo laboral.

Obxectivo da reunión multilateral

O principal obxectivo deste encontro e pór en valor as principais diferenzas entres os sistemas educativavos, os procesos de entrada a universidade e as oportunidades de busca de traballo na Unión Europea. Asemade búscase promover a mobilidade e intercambio de métodos dos profesores co obxectivo de contribuír aos obxectivo ET 2020. Uns obxectivos que queren responder aos retos pendentes de crear unha Europa baseada no coñecemento e facer do aprendizaxe permanente unha realidade para todos.

Iniciativas do IES A Sangriña

Durante o presente ano o IES A Sangriña ten entre os seus proxecto a reunión que se celebra estes días, e o encontro bilateral Comenius “Ferramentas TIC para a ensinanza de Español Lingua Estranxeira”; ademais outra reunión multilateral Grundtvig “EU Treasure Hunt”. Cómpre sinalar que este é un dos centros con máis participación en programas europeos en Galicia.

Así tamén é preciso sinalar que participan nun comenius Regio “Os programas Europeos como motor da inclusión social de discapacitados intelectuais e motrices e enfermos mentais”, e contan cun axudante lingüística Grundtig de lingua portuguesa e cun Erasmus para estudantes do ciclo superior de Administración e Finanzas con prácticas en empresa. E, como xa se sinalou, participan no programa Mac procedentes do Bornholms Gymnasium de Dinamarca.