G2001136 Curso de formación inicial para novas direccións escolares
As novas persoas directoras nomeadas a 1 de xullo de 2021 poden matricularse neste curso, que funciona coma pílula intensiva para ofrecer a estas direccións as ferramentas, coñecementos e habilidades precisas para liderar o seu centro educativo.
Estas persoas directoras poderán levar tamén consigo ás persoas xefas de estudo e secretarias tamén nomeadas por vez primeira nese cargo directivo a 1 de xullo de 2021. Se sobran prazas, vicedireccións ex novo tamén poden asistir, acompañando á súa persoa directora.
Das 25 horas da actividade, 5 computarán coma tarefas entregadas. Esas tarefas serán sinxelas e breves e imprescindibles para certificar, ademais de asistir a polo menos o 85% de asistencia das sesións presenciais.
As datas concretas para seguir o curso son:
L |
M |
M |
J |
V |
S |
D |
XULLO |
||||||
|
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
|
- 8 de xullo – Módulo 1. Común. Videoconferencia. 6h. (15.30h-21.30h.)
- 12 de xullo – Módulo 2. Nivel educativo/cargos. Palacio de Congresos. 5h. (16.00h.-21.00h.)
- 13 de xullo – Módulo 3. Cargos. Videoconferencia. 4,5 h. (16.00h.-20.30h.)
- 15 de xullo – Módulo 4. Nivel educativo/cargos. Palacio de Congresos. 4,5 h. (10.00h.-14.30h.)
- 16 de xullo, 10.00 horas – Peche da actividade. Antes desa hora as tarefas teñen que estar feitas.
Animámoslles a coñecer os aspectos normativos, organizativos e de xestión dos nosos centros educativos, adquirir habilidades de liderado e acadar as competencias necesarias para xestionar a participación e implicación nun proxecto común. Accedan ao seu FPROFE e soliciten a súa matrícula no código G2001136.