Orde do 3 de xuño de 2021 pola que se flexibiliza a realización das estadías concedidas ao abeiro das convocatorias para os anos 2019 e 2020 das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG

Mér, 23/06/2021 - 11:02

Xúntase a Orde do 3 de xuño de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se flexibiliza a realización das estadías concedidas ao abeiro das convocatorias para os anos 2019 e 2020 das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).