Título node Learning object

Menstruita Power, encontro virtual sobre sexualidade (2ª edición)
Ven, 18/06/2021 - 12:36
cartel

A conta de Instagram Menstruita Power (xestionada pola ilustradora e realizadora visual Cristina Torrón) organiza este segundo encontro virtual de educación sexual, menstrual, emocional e feminista. No encontro, que será multitudinario, abordaranse todas as cuestións relacionadas coa sexualidade das nenas e das adolescentes. No encontro participarán 35 sexólogas, psicólogas, educadoras e emprededoras para tratar os temas de interese; pódese consultar toda a nómina de relatoras na ligazón do evento.

Cada día poderanse ver os relatorios das persoas programadas para ese día, que estarán dispoñibles durante 24 horas.

Persoas destinatarias: mulleres que queiran acompañar a educación sexual das nenas.
Datas: do 21 ao 25 de xuño de 2021
Inscrición: de balde, na seguinte ligazón