Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión da convocatoria dos premios fin de carreira de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2020

Xov, 17/06/2021 - 11:34

De conformidade co artigo 11 da Orde do 13 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2020 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (DOG do 23 de abril), procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días. Durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada e achegarán, se é o caso, a documentación necesaria (procedemento ED415A - Acción - Emenda ao requerimento).