Resolución do 15 de xuño de 2021 pola que se adxudican as axudas de apoio á etapa predoutoral no SUG, exercicio 2021

Mar, 15/06/2021 - 11:40

Xúntase a Resolución do 15 de xuño de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2021 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).