Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Relación definitiva de proxectos admitidos e excluídos. Convocatoria 2021

Xov, 06/05/2021 - 10:09

Publicada a listaxe definitiva de proxectos admitidos e excluídos na convocatoria da Resolución do 5 de abril de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2021.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos admitidos e excluídos, agrupados por centro educativo.