Parada no servizo de Webs Dinámicas

Xov, 29/04/2021 - 10:44

Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento e mellora do servizo de Webs Dinámicas, este venres 30 de abril dende as 7:00 horas e por un tempo estimado de 30 minutos, permanecerá pechado este servizo.

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.