Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución e adxudicación provisional do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación

Xov, 11/03/2021 - 07:00

Publicación da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo quinta da Orde de 13 de novembro de 2020, o persoal concursante poderá formular reclamación no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da consellería.

O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións.

O persoal funcionario do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e nas realizadas pola Orde de 19 de outubro de 2020, pola que se convoca o concurso de traslados (DOG núm. 219, do 30 de outubro) ou pola Orde do 13 de novembro de 2020, pola que se convoca concurso específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos (DOG núm. 242, do 1 de decembro), e que obteña praza definitiva da xefatura de Departamento de Orientación, entenderase que renuncia á participación nos concursos, tanto no xeral como no específco de adultos.

As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base sexta e remitiranse ademais por correo electrónico a persoal.primaria@edu.xunta.gal dentro do prazo establecido.

  • O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 de marzo ata o 26 de marzo, ambos incluídos.