Título node Learning object

Enquisa sobre a percepción da sociedade galega respecto da violencia de xénero
Mar, 17/11/2020 - 14:38
Mª Jesús Lorenzana

A macroenquisa realizada pola Xunta sobre a percepción da sociedade galega sobre a violencia de xénero conclúe que o 80% das persoas consultadas considérao un problema social que compromete a todo o mundo, o que supón que Galicia está cada vez máis concienciada con esta lacra. En 2012, cando se realizou a última enquisa neste eido, un 70,4% consideraba que a violencia de xénero era unha problemática social, un 10% menos que agora. Así, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que presentou o documento hoxe en Santiago de Compostela, puxo en valor este dato e destacou que a mellor política para continuar combatendo esta lacra é a prevención, a concienciación e a sensibilización que, segundo amosa o informe, está a dar resultados. 

Pódese consultar a información completa na seguinte ligazón.