Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión

Mar, 10/11/2020 - 09:41

Xúntase a Resolución do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de percusión (594422).

Achégase resolución, o baremo provisional así como a relación provisional de persoas excluídas.

Prazo de emenda: desde MAÑÁ mércores día 11 de novembro ata o día 13 de novembro de 2020, ambos incluídos.

 IMPORTANTE: Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”. Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.