Título node Learning object

Premio para Chis Oliveira pola súa traxectoria na coeducación
Xov, 22/10/2020 - 13:53
foto

A profesora viguesa Mercedes (Chis) Oliveira Malvar acaba de recibir o III Premio Clavico polo extenso traballo desenvolvido no ámbito educativo a prol da igualdade de xénero e da educación afectivo-sexual. Chis Oliveira foi tamén a creadora da iniciativa "Comando Igualdade" do IES Alexandre Bóveda (Vigo).
Ao longo da súa dilatada traxectoria participou en obras de enorme interese para o ámbito educativo; o máis recente, "Ám@me" (2018), elaborado con Amada Traba para a Editorial Galaxia.

O galardón ten carácter estatal e foi concedido por persoas expertas en igualdade de toda España reunidas arredor do Claustro Virtual de Coeducación.