A Consellería de Educación inaugura o novo curso de ESO e FP no IES Rosalía de Castro, en Santiago

Hoxe comezan as clases para máis de 165.000 estudantes de ESO, Bacharelato, formación profesional e outras ensinanzas

Durante o acto fíxose entrega dos diplomas de excelencia académicas e o de Bacharelato Internacional, do mesmo xeito que un dos ex alumnos e unha profesora recibiron sendas insignias de ouro

Ven, 16/09/2011 - 17:55

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira na inauguración do curso escolar

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jos
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira na inauguración do curso escolar no IES Rosalía de Castro en Santiago

Na xornada de hoxe máis de 165.000 estudantes de ensinanzas relativas á ESO, Bacharelato, Formación Profesional e outras ensinanzas comezaron as aulas nos centros galegos. Entre eles o IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, a cuxa inauguración, e en representación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, asistiu o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira.

Durante o acto interveu o director xeral e a lección inaugural correou a cargo do ex alumno Alejandro Rivero de Aguilar que falou do “Microrcosmos dos osos de auga: primeiro estudo sobre os tardigrados en Galicia”. Posteriormente fíxose entrega dos diplomas do Bacharelato Internacional, así como dos diplomas de excelencia.

O acto completouse coa entrega s das insignias de ouro da Asociación Cultural ao propio Alejandro Rivero de Aguilar e á profesora Rosario García Echave.

O Rosalía de Castro


Deste xeito quedou inaugurado oficialmente o comezo das aulas de máis de 1.100 alumnas e alumnos do centro santiagués que cursan estudos de ESO, bacharelato e Formación Profesional. Cómpre recordar que este ano o instituto santiagués atopase dentro do proxecto Abalar, grazas ao cal os alumnos e alumnas de 1º da ESO contarán con cadanseu ordenador ultrapórtatil, sendo un dos 23 centros do concello incluídos neste ambicioso proxecto.

Ademais o IES Rosalía de Castro traballará por segundo ano consecutivo como centro plurilingüe, o que permitirá ao alumnado de 1º e 2º da ESO mellorar as súas competencias lingüísticas en idiomas estranxeiros. Neste mesma liña de actuación o centro contará con unha sección bilingües coa que os estudantes de FP poderán mellorar os seus coñecementos de inglés. Deste xeito, o centro forma parte dos 11 centros plurilingües existentes no concello.

Asemade continúase a traballar na melloras das instalacións xa que o IES está a ser sometido a unha importante reforma desenvolvida pola Consellería por máis de un millón de euros. As obras que se están a realizar nestes momentos, enmarcadas dentro do Plan Director para mellorar as instalacións, son relativas a remodelación da fachada e a reparación dos teitos das aulas. Unha reforma que se engade a xa rematada que afectou a distintas aulas e que permitiron a rehabilitación de aulas, do claustro e o artesoado orixina, do edificio que data do século XVII.