Nota informativa sobre os efectos do adiamento da resolución definitiva da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2020-2021 nos nomeamentos en vigor do persoal interino

Lun, 14/09/2020 - 18:51

Con motivo do adiamento do inicio do curso académico nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais, cómpre informar que, tal e como se establece no artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (Diario Oficial de Galicia núm. 113 do 14 de xuño), nas especialidades das cales se imparte docencia en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas, non poderá haber interrupción de servizos no persoal docente interino que sexa nomeado persoal docente interino desde o inicio do curso inmediatamente seguinte.

Polo tanto o persoal interino con nomeamento en vigor que remate este nomeamento o día 15 de setembro de 2020 e obteña un destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais, os efectos do novo nomeamento serán desde o 16 de setembro de 2020 ata o 15 de setembro de 2021.