A Consellería de Educación recorda que o luns comezará o curso escolar coa aplicación da reorganización de horarios lectivos

Esta medida permitirá aos escolares recibir 60.000 horas lectivas máis á semana sendo deste xeito as nenas e nenos galegos os grandes beneficiados

Deste xeito o horario lectivo dos mestres galegos equipárase ao do 80% do colectivo no Estado

Ven, 09/09/2011 - 14:33

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, sinalou hoxe en que o “luns os centros educativos comezarán o curso coa nova xornada lectiva, na que xa se aplicará a reorganización horaria” que xa foi publicada no DOG o pasado mes xullo.

Dita reorganización de horarios permitirá que os estudantes de infantil e primaria reciban “60.000 horas lectivas máis a semana, destinadas a dar respostas as necesidades dos estudantes, e en especial a proporcionar máis atención e apoio as alumnas e alumnos con maiores dificultades”, sinalou o director xeral, ao tempo que indicou que “coa reorganización horaria os mestres galegos equipararán o seu horario ao do 80% dos docentes destes ciclos educativos no resto de España”.

Neste senso recordou que a decisión de reorganizar o horario lectivo non aumenta a xornada laboral dos mestres senón que simplemente reestrutura o seu horario lectivo en beneficio da calidade do ensino. Deste xeito recupérase a xornada lectiva que en 2007 foi modificada a través dun acordo entre o goberno bipartito e os sindicatos e que tivo un custe para os petos dos galegos de 60 millóns de euros.

Un dos ratios máis baixos

Por outra banda José Manuel Pinal recordou que os últimos datos dados a coñecer polo Ministerio recordan que Galicia e unha das comunidade cos ratios de profesor alumnos máis baixos do Estado, xunto con Cantabria e Asturias. O que volve a dar conta do principal obxecto da administración a prol da mellora da calidade do ensino. Neste punto José Manuel Pinal recordou que “a Xunta cubre todas as necesidade educativas precisas para garantir dita calidade, así este curso xa se veu incrementada a cifra de interinos respecto do ano pasado” ao que engadiu que “a cifra de docentes irase completando a medida que xurda nas necesidades dos estudantes”.

Desde a Consellería de Educación sinalase que as organizacións sindicais deben replantarse a súa actitude unha vez visto a escasa repercusión da manifestación convocada para hoxe. Nesta segunda convocatoria de protesta os sindicatos tan só reuniron a menos dun 5% dos 32.000 profesionais convocados. Mentres que o resto dos docentes e equipos educativos continuaron con total normalidade as súas tarefas laborais nos distintos centros educativos galegos.

Declaracións do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal (1ª parte)

Declaracións do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal (2ª parte)