Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2020/21
De acordo co establecido no punto sétimo da Resolución do 17 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 127, do 29 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal docente dos corpos de secundaria para o curso académico 2020/21.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 3 de agosto ata o 3 de setembro de 2020, ambos incluídos. As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación de xeito presencial a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.
As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.gal.

































