A Consellería de Educación tramita os convenios cos concellos para a xestión de comedores escolares

Os documentos que se están a tramitar son continuación aos subscritos o ano pasado cos concellos de Ferrol, Mugardos e Narón

Mar, 06/09/2011 - 16:48

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria esta a realizar os trámites precisos para levar ao consello da Xunta os convenios cos concellos de Ferrol, Mugardos e Narón para a xestión por parte destas entidades dos comedores escolares que ata o curso anterior eran responsabilidade das asociacións de nais e pais.

Cómpre sinalar que estes convenios son continuación dos xa asinados no pasado ano escolar aínda que modificando as cantidades do financiamento para este cursos que esta a piques de comezar.

En concreto nos exercicios 2011/2012 o concello de Ferrol, recibirá da Consellería como co-financiamento da xestión un importe de 65.000 euros. Mentres que o concello de Narón, recibirá 50.000 euros e o de Mugardos de 5.000 euros.

Paralelamente a Consellería ven de manter contactos coa concellería de Educación do concello de Santiago para a futura sinatura dun convenio de colaboración para a xestión de comedores escolares que actualmente eran responsabilidade das Anpas.