Formación Profesional Dual. Listaxes de prazas adxudicadas. Curso 2020-2021

Lun, 20/07/2020 - 16:55

Publicadas as listaxes de persoas con praza adxudicada e de persoas en espera para proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse no centro adxudicado antes do día 27 de xullo ás 13:00 horas.