Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/2021

Mar, 23/06/2020 - 10:50

Resolución do 15 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020/21.

  • De acordo co establecido nela, as solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 24 de xuño ao 8 de xullo.

As probas de madureza de grao medio e de grao superior terán lugar o día 8 de setembro, e as probas de acceso de carácter específico realizaranse entre os días 9 e 17 de setembro dependendo da modalidade deportiva. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución.