Ampliada a duración das axudas vixentes de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos de investigación de Galicia e entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas polo FSE Galicia 14-20, como consecuencia do COVID-19

Xov, 25/06/2020 - 08:20

Orde do 16 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se amplía a duración e o crédito das axudas vixentes de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (códigos de procedemento ED481A e IN606)