I Edición de "Coñece espazoAbalar"

Mar, 30/08/2011 - 09:35

Ábrese un novo prazo de solicitudes para participar na primeira edición de "Coñece espazoAbalar”, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar.

Os centros interesados en participar, deberán remitir un correo electrónico a  abalar.xornada.espazoabalar@edu.xunta.es antes do mércores 7 de setembro indicando o nome do centro, dirección postal e datos da persoa de contacto (nome, cargo, teléfono...).