Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nota informativa sobre ampliación de oficinas para solicitar Chave 365

Ven, 12/06/2020 - 15:54

Segundo o establecido na base 3.1 da Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso a corpos docentes (código de procedemento ED001A), publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https.//sede.xunta.gal/chave365).

Coa finalidade de facilitar a obtención da Chave 365 para as persoas que desexen inscribirse no dito procedemento selectivo, ademais dos puntos xa operativos dende o mércores 10 de xuño, amplíanse os puntos onde pode obterse a dita chave aos seguintes centros integrados de formación profesional (CIFP) desde o luns 15 de xuño:
 

A Coruña: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:

  • CIFP Anxo Casal-Monte Alto (A Coruña): teléfono 881 960122
  • CIFP Someso (A Coruña): teléfono 881 880001
  • CIFP Paseo das Pontes (A Coruña): teléfono 881 961030
  • CIFP Ferrolterra (Ferrol): teléfono 981 333107
  • CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol): teléfono 881 930145
  • CIFP Coroso (Ribeira): teléfono 881 866874

Lugo: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:

  • CIFP As Mercedes (Lugo): teléfono 982 828001
  • CIFP Politécnico (Lugo): teléfono 982 220328
  • CIFP Porta da Auga (Ribadeo): teléfono 982 128894

Ourense: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:

  • CIFP A Farixa (Ourense) : teléfono 988 783012
  • CIFP A Carballeira (Ourense): teléfono 988 788470
  • CIFP Portovello (Ourense): teléfono 988 788901

Pontevedra: pode solicitarse, mediante cita previa, nos seguintes CIFP:

  • CIFP A Granxa (Ponteareas) : teléfono 886 120880
  • CIFP Manuel Antonio (Vigo): teléfono 886 120750
  • CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo): teléfono 886 110857
  • CIFP Carlos Oroza (Pontevedra): teléfono 886 159545
  • CIFP A Xunqueira (Pontevedra): teléfono 986 873003