Título node Learning object

Obradoiro en rede sobre a trata
Xov, 04/06/2020 - 12:07
logo

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o obradoiro en rede "Trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual". Os obxectivos do obradoiro son proporcionar unha visión socio-xurídica do delito da trata con fins de explotación sexual desde unha perspectiva de xénero e de dereitos humanos; analizar o continuo entre trata, explotación sexual e prostitución; examinar riscos para a saúde e consecuencias nas mulleres vítimas da trata sexual; e definir pautas de actuación de cara á detección, identificación e protección das vítimas.

O obradoiro participarán Alba Sousa (como coordinadora) e Silvia Pérez Freire (como relatora), que é socióloga, experta en xénero e autora dunha tese sobre a trata premiada en 2018.

 

Data: sábado 13 de xuño de 2020
Inscrición: ata o 8 de xuño
Programa: na seguinte ligazón