Título node Learning object

Menstruita Power, encontro virtual sobre sexualidade
Lun, 01/06/2020 - 12:22
cartel

A conta de Instagram Menstruita Power (xestionada pola ilustradora e realizadora visual Cristina torrón) organiza o primeiro encontro virtual de educación sexual, menstrual, emocional e feminista para nenas. No encontro, que será multitudinario, abordaranse todas as cuestións relacionadas coa sexualidade das nenas. No encontro participarán 35 sexólogas, psicólogas, educadoras e emprededoras para tratar os temas de interese; pódese consultar toda a nómina de relatoras na ligazón do evento.

Cada día poderanse ver os relatorios das persoas programadas para ese día, que estarán dispoñibles durante 24 horas.

Persoas destinatarias: mulleres que queiran acompañar a educación sexual das nenas.
Datas: do 8 ao 12 de xuño
Inscrición: de balde, na seguinte ligazón