Título node Learning object

Recurso audiovisual "Placeres fílmicos"
Xov, 14/05/2020 - 12:56
cartel

A entidade "Acción en Red" ten ao dispor do profesorado o proxecto "Placeres fílmicos: el amor y la sexualidad en el cine desde los buenos tratos". Trátase dun recurso didáctico que inclúe aparato teórico e proposta de actividades para desenvoler con alumnado da ESO, bacharelato e ciclos; tamén se pode empregar noutros ámbitos de ensinanza.

Este proxecto ten como finalidade desmontar os mitos e os estereotipos sobre o amor e a sexualidade que se reflicten ao longo da historia do cine, poñendo o foco na observación dos valores positivos para asentar as relacións de igualdade, respecto, liberdade e o bo trato. No proxecto analízanse escenas de cine clásico, contemporáneo, comercial e independente.

Para consultar todos os materiais (vídeos e documentos) esíxese un rexistro a través do correo electrónico.