Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola UE no marco do programa comunitario Erasmus+ para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/2020

Ven, 08/05/2020 - 14:21

De conformidade co artigo 11 da Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Eramus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/2020, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

  • Prazo de reclamación de dez días