Título node Learning object

Charlas feministas dispoñibles na rede
Mér, 29/04/2020 - 13:16
vídeos na rede

 

A raíz do confinamento son moitos os colectivos e as institucións que están a realizar charlas e conferencias na rede e mais a difundir os materiais audiovisuais de que dispoñían.

 

Recollemos aquí aquelas participacións que se poden recuperar a través da rede:

  • Ateneo Atlántico (Vigo). Luisa Abad conversa sobre masculinidades co profesor Jorge García Marín (45 min.) na súa canle de Youtube co título "Por que é tan díficil que os homes cambien?".
  • Concello de Mieres (Asturias). Conferencia de Laura Viñuela (18 min.) sobre a corresponsabilidade no fogar en tempos do coronavirus.
  • Deputación da Coruña. Charlas breves sobre a menopausa na súa canle de Youtube (con Carme Valls, Anna Freixas, Rosa Almirall, Cristina López Villar, Guadalupe Jiménez).
  • Escola de Igualdade María Vinyals. Na sección de Igualdade dentro da conta de Youtube da Deputación de Pontevedra e mais na súa web ofrece as conferencias de boa parte dos cursos impartidos en Soutomaior (Xornada Mercantilización do corpo das mulleres, Sociedade Dixital e Xénero, Foro As mulleres que opinan son perigosas etc.).
  • Emakunde. O instituto da muller de Euskadi ofrece na súa canle de Youtube vídeos de campañas e conferencias.
  • IMIO. Na súa conta de Youtube, o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades ofrece en aberto os #DebatesINMUJER sobre distintos temas de actualidade.
  • Instituto Andaluz de la Mujer. Na súa conta de Youtube dispón de multitude de publicacións. Son de enorme interese os vídeos do I Congreso Andaluz de Coeducación, que tivo lugar neste 2020.
  • La Informal, feminismo impertinente. Charla de Carmen Ruíz Repullo (51 min.) sobre os retos que supón para o feminismo o momento actual.
  • Nuria Coronado Sopeña. Ofrece na súa conta de Youtube conversas con distintas mulleres (Ana de Miguel, Marina Marroquí, Laura Freixas, Nuria Varela, Ana de Pardo, Rosa Montero, Coral Herrera, Laura Redondo... entre outras) arredor de temas de actualidade baixo o hashtag #FeminismoEnCasa.
  • Patrilla feminista. Ofrece na súa conta de Youtube as conversas con distintas actividades arredor de temas de actualidade.
  • Towanda Rebels. Ofrece na súa conta de Youtube as conversas das xornadas abolicionistas virtuais.