Xesús Vázquez Abad visita o IES de Meaño tras a remodelación do centro pontevedrés

Deste xeito a Consellería da resposta as necesidades materiais do centro

O cambio de cubertas e a substitución de carpintarías así como melloras xerais supuxeron un investimento de máis de 542.000 euros

Mar, 02/08/2011 - 11:53
Xesús Vázquez Abad visita o IES de Meaño
Xesús Vázquez Abad visita o IES de Meaño tras a remodelación do centro pontevedrés

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, visitou o IES de Meaño, en Pontevedra, trala execución dun proxecto básico de reparación de cubertas, substitución de carpinterías e acondicionamento xeral do centro, cun custe de máis de 542.000 euros.

Durante a visita estivo acompañado polo o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial de educación, César Pérez Ares, e o director do centro José Víctor Cimadevila González; e o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez Rosal.  

A obra de remodelación consistiu no cambio das cubertas planas do centro, ademais  da reparación e impermeabilización das cubertas inclinadas existentes, coa consecuente mellora da evacuación de augas. Tamén se substituíron as carpinterías exteriores para optimizar o comportamento térmico do edificio e evitar o filtrado de auga.

Por outra banda a fachada do edificio tamén foi sometida a saneamento e pintado, por outra parte, para complementar as obras no edificio existente, construíuse un porche na planta baixa, cubrindo o acceso ao ximnasio dende o interior do edificio.

Ademais destas melloras, a Consellería de Educación vén de realizar nos dous últimos anos un investimento de máis de 140.000 euros en melloras nas instalacións dos centros educativos do concello de Meaño. A esta cifra engádense outras inversións derivadas da implantación do Proxecto Abalar nos centros educativos deste concello pontevedrés.

Mellora das condicións

Con esta actuación a Consellería concreta sobre as zonas afectadas as necesidades materiais de rehabilitación do centro educativo. A finalidade desta actuación é que o centro afronte o mellor preparado posible o próximo curso académico e os seus máis de 160 alumnos, se beneficien das últimas innovacións educativas. Neste sentido cómpre lembrar que este centro continuará a participar o vindeiro curso no proxecto Abalar, que implicará  ao alumnado de 1º e 2º da ESO ampliando deste xeito o número de ordenadores.

Cómpre recordar que unha das prioridades da Consellería e dotar de medios e infraestruturas adecuadas ao profesorado e alumnos, que continúa traballando na mellora do sistema educativo galego, agradecendo o esforzo de todos os membros que integran a comunidade educativa.