Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Instrucións, do 15 de marzo de 2020, dirixidas ao persoal que presta servizo nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación sobre a presenza nas oficinas en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais

Lun, 16/03/2020 - 12:20

NORMAS XERAIS

As presentes instrucións dítanse no marco do establecido no  apartado primeiro do artigo 6 de la Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, segundo o cal os órganos administrativos poderán dirixir as actividades dos seus órganos xerarquicamente dependentes mediante instrucións e ordes de servicio, así como do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo  que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada por el COVID-19, e en particular do seu artigo 6, que dispón que cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente na xestión ordinaria dos seus servicios para adoptar as medidas que estimen precisas no marco das ordes directas da autoridade competente a los efectos do estado de alarma e sen prexuízo do establecido nos artigos 4 y 5.

Así  mesmo, estas instrucións dítanse ao abeiro do disposto no punto noveno in fine do Acordo do Centro de Coordinación Operativa polo que se adoptan medidas preventivas nos lugares de traballo no sector público autonómico como consecuencia de la evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, publicado no DOG de data de 15 de marzo de 2020, no que se faculta a cada consellería ou centro directivo a ditar as instrucións oportunas en desenvolvemento do presente acordo ou para adaptalo as particularidades de los distintos colectivos afectados.

De conformidade co anterior, será de aplicación aos empregados públicos que prestan servicios na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e nas entidades do sector público autonómico que dependen da mesma

1.1 Todos os empregados públicos cuxas funcións se realicen dentro de edificios ou instalación administrativas que permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestarán o servizo dende  o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial. A tales efectos, a administración facilitará fórmulas de teletraballo ou de traballo a distancia.

Para estes efectos, e en función das dispoñibilidades tecnolóxicas implantadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, todo o persoal da estrutura contará coa conexión remota de oficio.

A estes efectos, comunicará a súa ausencia á persoa titular da subdirección xeral na que presta servizo (ou á persoa que a substitúa en caso de ausencia) e tramitará no Portax unha xustificación de “autorización expresa por razóns protocolarias COVID-19” e á que xuntará a declaración que se acompaña como Anexo II á Resolución do 12 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, polo que se aproba o protocolo de actuación do persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19 (Diario Oficial de Galicia núm. 49-bis, do 12 de marzo de 2020)

Este persoal deberá acudir presencialmente aos seus lugares de traballo cando o desempeño das súas función así o esixa porque así o determinan os titulares dos seus centros directivos.

1.2 Excepciónanse do apartado anterior nas xefaturas territoriais ao seguinte persoal:

  • Xefe territorial ou un xefe de servizo que o substitúa
  • Inspector Xefe ou un inspector que substitúa
  • Un funcionario encargado da xestión de nóminas e outro de concertos educativos
  • Unha persoa, en réxime de quendas, con coñecemento suficiente no proceso de pagamentos ou o habilitado

1.3 No establecemento das quendas terase en conta os seguintes criterios de priorización:

  • O persoal con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
  • As empregadas públicas embarazadas.
  • O persoal con fillos/as menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade, e con persoas dependentes ao seu cargo.
  • Igualmente, incluiranse neste colectivo aqueles empregados/as públicos que se determine en atención ás súas circunstancias persoais.

1.4 O traballo nas subdireccións organizarase de tal xeito que permita, na medida do posible, o despacho habitual dos asuntos, ben de xeito presencial ou mediante teletraballo, comunicando á Secretaría Xeral Técnica (por medio correo electrónico) as incidencias que se poidan producir.

1.5 Nas secretarías de altos cargos o traballo realizarase en réxime de teletraballo, coa desviación dos teléfonos fixos ao móbil e con acceso remoto ao correo electrónico.

1.6 Todos os empregados permanecerán localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo de forma presencial si así se require por necesidades do servizo.

1.7 Con carácter xeral, aplicaranse en cada momento as indicacións que se determinen en materia de Función Pública, tendo as presentes instrucións un carácter e provisional e supletorio daquelas.