Título node Learning object

A asociación Aliad Ultreia de Lugo publica materiais para a materia de Igualdade de Xénero
Mar, 07/01/2020 - 10:04
logo

A asociación Aliad Ultreia (Lugo) ten accesibles desde a súa plataforma materiais elaborados para a materia "Igualdade de Xénero" en 1º ou 2º da ESO.

A proposta de materiais recolle os contidos curriculares publicados para a materia, actividades para algúns dos contidos, vídeos relacionados coas distintas temáticas e unha selección bibliográfica de publicacións para o profesorado. Pódese consultar a plataforma da materia na seguinte ligazón.