Relación de centros adscritos ás iniciativas de Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria) e Voluntariado de Lectura-A (primaria) para o curso 2019/2020

Lun, 23/12/2019 - 09:58
Relación de centros adscritos ás iniciativas de Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria) e Voluntariado de Lectura-A (primaria) para o curso 2019/2020

Achéganse as relacións de centros que se adscriben a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, ao abeiro da Resolución do 4 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocaba este programa para o curso 2019/2020: "Voluntariado de lectura -A",  para alumnado de 5º e 6º de Primaria, coa participaciónde 106 centros (un 29% máis que no curso anterior),  e "Voluntariado na Biblioteca Escolar" para alumnado de ensino secundario, na que participan un total de 121 centros (cun incremento do 18% con respecto ao curso 18/19). Bibliotecas Escolares Solidarias é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.