Título node Learning object

A Deputación da Coruña actualiza a súa guía de linguaxe non sexista
Mér, 18/12/2019 - 09:49
portada

A Deputación da Coruña acaba que difundir a actualización da guía "Linguaxe non sexista", un volume con recomendacións lingüísticas para eliminar o sexismo da expresión escrita. A guía recorda que a linguaxe é unha construción social, e que tanto a linguaxe coma as formas de comunicación dan forma aos nosos discursos e reproducen as desigualdades existentes. O uso dunha comunicación inclusiva e dunha linguaxe non sexista é unha obriga de todas as administracións públicas que se recolle no artigo 14 da Lei 3/2007, onde se marcan os criterios xerais de actuación dos poderes públicos, sendo un deles “a implantación dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas”.

Pódese descargar o volume en formato PDF da páxina oficial da Deputación.