Título node Learning object

Entréganse os premios Ernestina Otero Sestelo a centros do Concello de Pontevedra
Lun, 02/12/2019 - 10:32
cartel

Varios centros do concello de Pontevedra, participantes no certame Ernestina Otero Sestelo 2019, destinado a fomentar a incorporación da perspectiva de xénero nos centros educativos do Concello de Pontevedra, recibiron os premios do concurso.

Os premios foron entregados nun acto celebrado no Teatro Principal de Pontevedra.

 

Categoría de educación infantil e primaria:

  • 1º primeiro: CEIP San Martiño: ‘Unha mirada lila dende as pioneiras pontevedresas ata as descoñecidas científicas’. O xurado destacou que se lle concedía o galardón “por loitar contra os estereotipos de xénero que se marcan dende as idades máis temperás, dotando ao alumnado de ferramentas para enfrontarse a eles e acadando resultados satisfactorios e notables, e por dar a coñecer e poñer en valor as figuras de moitas das pioneiras da nosa cidade, así como de diferentes científicas e dos seus descubrimentos e investigacións”.
  • 2º premio: deserto

Categoría de educación secundaria:

  • 2º premio: CPR Calasancio: ‘Radio PonteLila – A radio da igualdade’. O xurado destacou a implicación e participación activa de todo o alumnado da ESO nas distintas tarefas desta iniciativa, pola súa permanencia ao longo do curso, pola difusión pública a través da web e das redes sociais do produto educativo final e polo traballo realizado a prol da desmitificación do amor romántico.
  • 1º premio: IES Luís Seoane: ‘Reseteando dende a educación’. Destacouse este proxecto “por partir da necesidade de identificar actitudes e realidades discriminatorias, incidindo na necesidade de revisión e cambio activo das nosas condutas cotiás baixo o filtro da igualdade e do respecto, e por facer un traballo de reflexión profunda sobre sexualidade e liberdade no marco patriarcal e de análise crítica da prostitución e da pornografía”.