Dez novos centros incorpóranse ao programa Espazos Maker, onde o alumnado poderá desenvolver proxectos de innovación

Trátase dunha acción impulsada pola Consellería de Educación para o fomento das competencias STEM entre os rapaces, que a día de hoxe suma un total 20 centros educativos participantes
Todos os centros reciben unha dotación económica e material tecnolóxico específico para levar a cabo investigacións, realizar experimentos ou desenvolver prototipados
Sáb, 30/11/2019 - 12:00

Un total de dez centros escolares de toda Galicia incorporan por primeira vez neste curso Espazos Maker, unha acción impulsada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para fomentar as competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre o alumnado. Estas dez novas incorporacións engádense aos outros dez centros que se adheriron ao programa o curso pasado e nos que se lles da continuidade no presente 2019/20.

Do total de centros incorporados no presente curso 2019-20, 7 son da provincia da Coruña, 1 de Lugo, 1 de Ourense e 1 de Pontevedra:

Nome do centro

Concello

Provincia

IES Agra de Raíces

Cee

A Coruña

IES Plurilingüe Elviña

A Coruña

A Coruña

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

IES Plurilingüe A Cachada

Boiro

A Coruña

IES Rego de Trabe

Culleredo

A Coruña

IES Monte Castelo

Burela

Lugo

IES Universidade Laboral

Ourense

Ourense

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

Centros incorporados o pasado curso 2018/19 e que continúan este ano:

Nome do centro

Concello

Provincia

IES Sofía Casanova

Ferrol

A Coruña

CPI Plurilingüe Cernadas de Castro

Lousame

A Coruña

IES Arcebispo Xelmírez II

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Monte das Moas

A Coruña

A Coruña

IES Isaac Díaz Pardo

Sada

A Coruña

IES A Pontepedriña

Santiago de Compostela

A Coruña

IES de Porto do Son

Porto do Son

A Coruña

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Pontevedra

IES República Oriental do Uruguai

Vigo

Pontevedra

IES Primeiro de Marzo

Baiona

Pontevedra

 

A resolución pode consultarse no Portal Educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/29678).

O programa Espazos Maker púxose en marcha por primeira vez o curso pasado co obxectivo de fomentar nos centros educativos a creatividade e a formación de alumnado nun contexto de aprender facendo, isto é, baseándose na aprendizaxe activa e manipulativa, a través do deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.

Así, cada centro incorporado ao programa dispón dun Espazo Maker, isto é, unha zona específica dotada cos medios tecnolóxicos necesarios para que o alumnado poida materializar a súa creatividade a través de proxectos propios de experimentación, o prototipado e a construción. Poden ser desde pequenas prácticas de investigación a proxectos baseados na abordaxe de problemas reais, e mesmo cun enfoque Fab Lab de fabricación e innovación a pequena escala; xa que centro educativo ao que vai destinado esta convocatoria, dentro da súa autonomía, poderá integrar este programa educativo de acordo coa dispoñibilidade de espazos e a organización escolar que mellor se axuste ao desenvolvemento do mesmo.

Dotación de material

Os 10 centros que se incorporan ao programa reciben unha dotación de material necesario para poñer en marcha o seu Espazo Maker, que está formada por un equipo de procesado audiovisual (composto por estación de procesado, pantalla grande de calidade e 2 tabletas), e equipamento audiovisual (cámara dixital de foto e vídeo con obxectivos intercambiables e trípode, trípode de alta estabilidade, gravador de audio, cascos auriculares, sistema de gravación completo, equipo multifunción color tamaño A3 e escáner 3D).

A dotación material inclúe tamén mobiliario metálico (carro para desprazar pequena equipación e banco de traballo ou superficie fixa de traballo para maquinaria) e un kit de pequena maquinaria e ferramenta formada por trade eléctrico e accesorio para uso en columna, trade de batería, mini trade de bricolaxe con set de consumibles e accesorio para uso en columna, lixadora delta e set completo de lixas de diferente grao e para materiais distintos, caladora con set completo de follas de corte, sistemas de aspiración de seco e húmido semiprofesional, cortadora-fresadora CNC, conxunto de ferramenta manual, soldador de estaño, conxunto de coitelos de precisión pistola de pegamento termofusible con consumibles, pistola de aire quente con consumibles, pistola de aire quente regulable e máquina de coser.

A posta en marcha dos Espazos Maker forma parte do paquete de accións contempladas pola Consellería de Educación dentro da Estratexia Galega para a educación dixital, Edudixital 2020, e que supoñen un investimento de 1 millón de euros.