Educación recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos participantes no VI Concurso de Traballos por Proxectos

O certame ten como obxectivo incentivar o traballo por proxectos e de investigación no eido das bibliotecas escolares

Mar, 26/11/2019 - 16:02

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de publicar a resolución cos centros premiados na VI edición do Concurso de Traballo por Proxectos, a través do que se recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos no eido do traballo interdisciplinar e a investigación nas bibliotecas escolares. A iniciativa, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016-20 busca, ademais, incentivar as boas prácticas no ámbito das bibliotecas escolares dos centros de ensino públicos de Galicia, así como fomentar o traballo en equipo.

Todos os traballos deberon realizarse coa coordinación, apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades. A modalidade 1 centrouse en proxectos de carácter interdisciplinario ou proxectos documentais integrados (traballos de investigación sobre un tema no que os alumnos se familiarizan cos mecanismos de busca de información) coordinados desde a biblioteca escolar e que coa participación dun mínimo do 40% das aulas do centro, ou dun 40% dos departamentos no caso dos centros de ensino secundario.

A modalidade 2 referiuse a proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, con tres submodalidades (traballos de grupo, de ciclo/departamento e proxectos realizados na materia de libre configuración “investigación e tratamento da información”). Por último, a modalidade 3 centrouse en proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino, co fin de desenvolver un proxecto común de temática xeral ou científica.

A listaxe de centros premiados por modalidades é a seguinte:

Modalidade

Temática

Centros Premiados

Concello

Provincia

Título

Asignación

1. Proxectos Documentais integrados, coordinados desde a biblioteca escolar

Xenérica

CEIP P. Graxal

Cambre

A Coruña

Construímos

2.000 €

CEIP Milladoiro

Malpica de B.

A Coruña

O mar que nos dá…!

2.000 €

EOI de Lugo

Lugo

Lugo

FalArte

2.000 €

IES P. Aquis Celenis

Caldas de Reis

Pontevedra

As palabras no Camiño

2.000 €

CEIP P. Meaño-As Covas

Meaño

Pontevedra

Puro teatro

2.000 €

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Vigo

Pontevedra

Pinga a pinga, pensa en verde

2.000 €

Ciencias

IES Francisco Aguiar

Betanzos

A Coruña

Betanzos 800 anos

2.000 €

CEIP Canosa-Rus

Coristanco

A Coruña

ConCIENCIAte

2.000 €

2.a. Proxectos de investigación de grupo/nivel

Xenérica

CEIP O Coto

Negreira

A Coruña

A voltas por Galicia

1.500 €

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago de Compostela

A Coruña

Pontes para coñecérmonos

1.500 €

IES Xoán Montes

Lugo

Lugo

(A)rroupArte

1.500 €

Ciencias

CEIP Quintela

Moaña

Pontevedra

Proxecto Os Canciños

1.500 €

2.b. Proxectos de investigación de ciclo/departamento

Xenérica

CEIP P. Enrique Barreiro Piñeiro

Cambados

Pontevedra

Coidamos do noso para coidar o de todas e todos

1.500 €

Ciencias

IES Xoán Montes

Lugo

Lugo

O xardín das Hespérides

1.500

2.c Proxectos realizados na materia de 1º /2º de ESO “Investigación e tratamento da información” ou noutras materiais equivalentes en ESO ou primaria

Xenérica

IES Valadares

Vigo

Pontevedra

Youtubers por un día

1.500 €

3. Proxectos de investigación intercentros

Xenérica ou científica

CEIP Nicolás del Río

Cedeira

A Coruña

"Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente

1.500 €

IES Punta Candieira

Cedeira

A Coruña

"Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente

1.500 €

CEIP de Santiago de Oliveira

Ponteareas

Pontevedra

Xogamos?

1.500 €

CEIP de Leirado

Salvaterra de Miño

Pontevedra

Xogamos?

1.500 €

Criterios de avaliación

Para a avaliación dos traballos tívose en conta a orixinalidade, interdisciplinariedade e calidade técnica do traballo; a contribución ao desenvolvemento do currículo e adquisición de competencias clave; a contribución específica a competencia informacional e mediática do alumnado; a participación de alumnado, profesorado e comunidade educativa no seu conxunto; o aproveitamento das posibilidades e os recursos da biblioteca escolar; e a integración da biblioteca e outros equipos e programas do centro para o desenvolvemento do proxecto.