Resolución provisional das axudas a centros privados concertados para atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Mér, 13/07/2011 - 11:06

De conformidade co previsto no artigo 6º da Orde do 18 de marzo de 2011 (DOG do 12 de abril) xúntase o arquivo coa proposta do director xeral de Centros e Recursos Humanos do 12 de xullo de 2011 e do su anexo, pola que se publica a resolución provisional das axudas a centros privados concertados para atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

A resolución tamén se comunicará aos solicitantes a través do correo electrónico.

Contra esta resolución provisional poderán formular alegacións e achegar os documentos que se consideren pertinentes no prazo de cinco días a partir do día seguinte ao da publicación neste portal educativo.