Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (modalidade B) nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019

Ven, 11/10/2019 - 09:03

Xúntase a Orde do 1 de outubro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (modalidade B) nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (convocatoria complementaria da realizada pola Orde do 28 de maio de 2019, Diario Oficial de Galicia número 111, do 13 de xuño) (código de procedemento IN606C).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.