Listaxes coas puntuacións definitivas das persoas solicitantes admitidas e excluídas, período extraordinario, das prazas nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/2020

Lun, 07/10/2019 - 13:10

Resolución do 7 de outubro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de  persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e a relación de suplentes, de ser o caso, correspondentes ao período extraordinario, de acordo co previsto no artigo 31 da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2019/20 (DOG núm. 108, do 10 de xuño de 2019).

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 8 de outubro e 7 de novembro de 2019), ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.