Título node Learning object

Xornadas sobre a violencia sexual no Consello da Cultura Galega
Ven, 04/10/2019 - 10:55
cartel

O Consello da Cultura Galega organiza a 3ª edición das xornadas "Formas de Violencia de Xénero", co subtítulo "A violencia sexual". Na actividade participarán Carmen Cajide Hervés, Paz Filgueira, Miguel Lorente Acosta, Ana de Miguel Álvarez, Rosa Arcos Caamaño, Chis Oliveira, Amada Traba, Alba María, Daisy Alcalde Monteagudo, Ana Sanmartín López e Rosa Cobo Bedía 

Pódese consultar o programa da actividade e formalizar a matrícula a través da ligazón á actividade.

Data: martes 12 de novembro de 2019
Horario: 9.30 - 14.30, 16.00 - 18.00
Lugar: salón de actos do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)
Inscricións: gratuíta, ata competar a capacidade da sala