Listaxes coas puntuacións provisionais das persoas solicitantes admitidas e excluídas, período extraordinario, das prazas nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/2020

Ven, 27/09/2019 - 13:28

Resolución do 27 de setembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación  total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2019/20 (DOG núm. 108, do 10 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residen.

  • Prazo para reclamar: 30 de setembro, 1 e 2 de outubro de 2019.