A Consellería de Educación incorpora 28 centros públicos ao Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE)

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución cos centros que se unen ao programa neste curso, así como a concesión de axudas aos restantes 652 centros públicos que formaban xa parte del
Mar, 24/09/2019 - 10:37

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2019/20. Ao abeiro desta orde, incorpóranse ao programa un total de 28 centros públicos e outórganse axudas aos restantes 652 centros que formaban xa parte do PLAMBE.

A relación de centros de nova incorporación é a seguinte:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Cambre

CEIP Emilio González López

A Coruña

A Coruña

CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña

A Coruña

CEIP Plurilingüe Anxo da Guarda

A Coruña

A Coruña

CEIP Salgado Torres

A Coruña

Culleredo

CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

A Coruña

Fene

CEIP Plurilingüe de Centieiras

A Coruña

Ferrol

CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

A Coruña

Oleiros

CEIP Plurilingüe da Rabadeira

A Coruña

Porto do Son

CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra

Lugo

O Corgo

CEIP Plurilingüe do Corgo

Lugo

A Pontenova

IES Enrique Muruais

Lugo

Rábade

CEIP Otero Pedrayo

Ourense

Carballeda de Avia

CEIP Pena Corneira

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

Ourense

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Pontevedra

Baiona

EEI O Areal

Pontevedra

O Grove

IES Monte da Vila

Pontevedra

Meaño

IES de Meaño

Pontevedra

Mos

CEIP de Petelos

Pontevedra

Pazos de Borbén

CPI Curros Enríquez

Pontevedra

Ponteareas

CRA A Picaraña

Pontevedra

Pontevedra

IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra

Redondela

IES Illa de San Simón

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEP Carlos Casares

Pontevedra

Soutomaior

CEIP Manuel Padín Truiteiro

Pontevedra

Tomiño

IES Antón Alonso Ríos

Pontevedra

Vigo

CMUS Superior de Vigo

Pontevedra

Vigo

IES A Guía

 

Incorporación e continuidade

Cunha dotación orzamentaria de 1.340.000 euros, a convocatoria ten como obxectivo o apoio aos novos centros que se sumen ao programa, así como a continuidade por parte dos que se foron incorporando nas anteriores convocatorias.

As axudas para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. Á hora da selección dos centros, a Consellería dá preferencia, en igualdade de puntuación, a aqueles situados no ámbito rural.

No caso dos centros incorporados con anterioridade, os que o fixesen entre 2005 e 2010 poderán recibir asignacións para fondos; os que se integrasen entre 2011 e 2013 recibirán asignacións para fondos e para mobiliario e outros equipamentos; os centros integrados entre 2014 e 2017 recibirán contías para fondos; e os incorporados en 2018 para fondos, mobiliario ou outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento específicos da biblioteca.

A biblioteca como espazo de dinamización e inclusión

O PLAMBE ten como obxectivo incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que procuren a dinamización deste espazo como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, no que se incorporen espazos para a creación,  a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido. Así mesmo, as bibliotecas integradas no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares deberán traballar no deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, así como integrar as novas tecnoloxías e o concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.

Por outra banda, este modelo de biblioteca debe ter tamén un enfoque inclusivo, contribuír á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro e implicarse en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.  

Esta convocatoria enmárcase na estratexia da Xunta de Galicia neste eido, o Plan LÍA de bibliotecas escolares para o período 2016-2020, que ten entre os seus obxectivos o de dotar os centros educativos de bibliotecas escolares útiles, estables, sustentables e acordes ás necesidades do século XXI.