Título node Learning object

I Xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio
Ven, 20/09/2019 - 11:18
cartel

Arqfem (Arqueoloxía feminista), CONSILIENCIA, e Sincrisis organizan as I Xornadas Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio. Nesta actividade búscase chamar a atención sobre aspectos tan importantes como a desigualdade de xénero e o papel da muller dentro do patrimonio cultural galego. A actividade servirá tamén para establecer puntos de vista das diferentes investigadoras e profesionais que levan anos investigando e traballando dentro nos eidos patrimonial e arqueolóxico. Polo tanto, exporán as novas perspectivas de xénero e feminismo que están a desenvolverse tanto no plano galego como no internacional no ámbito do patrimonio cultural.

Lugar: Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega e Museo das Peregrinacións)
Data: 25 e 26 de setembro
Horario: sesións de mañá e tarde
Inscrición: na seguinte ligazón

Pódese consultar o programa da actividade nesta ligazón.