Título node Learning object

A comunicación en igualdade a través das TIC
Mér, 18/09/2019 - 10:49
logo plan

O Plan Anual de Formación do Profesorado arranca neste trimestre esta actividade formativa: A comunicación en igualdade a través das TIC. Trátase dunha actividade que contribúe a traballar os contidos relacionados coa igualdade de xénero a través das novas tecnoloxías co fin de mellorar a elaboración dos produtos finais dos centros.

Ofértase en Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo cos seguintes códigos: C1901018, L1901008, V1901019 (respectivamente).

Temporización: 1º trimestre
Duración: 30 h (18 presenciais + 12 non presenciais). Para a realización das horas non presenciais proporase a realización dunha tarefa na casa.

Pódese consultar toda a oferta formativa relacionada coa igualdade na seguinte ligazón.