Un total de 70 ciclos de FP impartirán este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira

Carmen Pomar anunciouno na súa visita ao CIFP Politécnico de Lugo, cuxos talleres ampliará proximamente a Consellería
A Consellería de Educación vén de publicar a resolución pola que se autorizan 43 novos ciclos formativos plurilingües
Ademais, continuarán impartíndose na correspondente lingua, en segundo curso, 27 dos ciclos autorizados para o curso 2018/19
Mar, 17/09/2019 - 11:47

Un total de 70 ciclos de FP impartirán este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira o vindeiro curso 2019/20.  Así o anunciou esta mañá a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, na súa visita ao CIFP Politécnico de Lugo. De feito, un dos tres centros educativos que se incorpora este ano ao plurilingüismo en FP é da cidade da Muralla, o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Na provincia impartirán ciclos plurilingües tamén o CIFP As Mercedes (Lugo) e o IES Val do Asma (Chantada).

Por outra banda, o ciclo de grao superior en Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina (impartido no CIFP As Mercedes, en Lugo) será un dos primeiros en Galicia en incorporar o Módulo de Lingua Estranxeira Profesional, módulo propio da Comunidade Autónoma para facilitar a capacitación en idiomas ao alumnado de ciclos formativos.

Durante a súa visita ao CIFP Politécnico Carmen Pomar anunciou ademais que a Consellería vai realizar unha ampliación, coa construción duns novos talleres para os ciclos da familia profesional de Madeira, moble e cortiza. Edificarase sobre o espazo que agora ocupa a pista descuberta e será o primeiro proxecto de talleres de FP construído integramente en madeira. O importe da obra ascenderá a arredor de 1 millón de euros.

PluriFp

Ao abeiro da resolución definitiva de ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) que vén de publicar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, autorízanse 43 novos ciclos formativos plurilingües. Ademais, continuarán impartíndose na correspondente lingua en segundo curso 27 ciclos que foron autorizados para o curso 2018/19.

Os novos proxectos autorizados para o curso 2019/20 son os reflectidos na seguinte táboa:

Concello

Centro

Ciclo

Idioma

Culleredo

IES Universidade Laboral

CS Prevención de riscos profesionais

Inglés

CS Acondicionamento físico

Inglés

CS Enerxías renovables

Inglés

CS Mecatrónica industrial

Inglés

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

CS Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

Ferrol

IES Leixa

CS Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Inglés

Santiago de Compostela

IES San Clemente

CM Sistemas microinformáticos e redes

Portugués

CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

A Coruña

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

CS Audioloxía protésica

Inglés

A Coruña

CIFP Someso

CS Programación da produción en fabricación mecánica

Inglés

Santiago de Compostela

IES A Pontepedriña

CS Comercio internacional

Inglés

Chantada

IES Val do Asma

FP Dual CS Administración e finanzas

Inglés

FP Dual CS Axencias de viaxes e xestión de eventos

Inglés

FP Dual CS Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

Lugo

CIFP As Mercedes

CS Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina

Inglés

Lugo

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

CS Ensinanza e animación sociodeportiva

Inglés

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

CS Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

CS Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés

CS Laboratorio clínico e biomédico

Inglés

CS Hixiene bucodental

Inglés

Ourense

CPR Santo Cristo

CM Farmacia e parafarmacia

Inglés

Ourense

CIFP A Farixa

CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos

Inglés

CS Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

Vilamarín

IES de Vilamarín

CS Dirección de servizos de restauración

Inglés

FP Dual CS Xestión de aloxamentos turísticos

Francés

Inglés

Ourense

CIFP Portovello

CS Asistencia á dirección

Inglés

CS Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe San Fermín

CM Actividades comerciais

Inglés

Vigo

CPR Plurilingüe San Miguel 2

FP Básica Informática e comunicacións

Inglés

Vigo

CPR San Miguel

FP Básica Servizos administrativos

Inglés

FP Básica Servizos comerciais

Inglés

CM Xestión administrativa

Inglés

CM Instalacións de telecomunicacións

Inglés

Vigo

CPR Daniel Castelao

CM Xestión administrativa

Inglés

CM Instalacións eléctricas e automáticas

Inglés

CS Administración e finanzas

Inglés

CS Administración de sistemas informáticos en rede

Inglés

CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

Vigo

CIFP Manuel Antonio

CS Patronaxe e moda

Inglés

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

CS Deseño e amoblamento

Portugués

O Porriño

IES Ribeira do Louro

CS Comercio internacional

Inglés

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

CS Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

FP Dual CS Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

 

Inserción laboral e internacionalización

Os  ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP para mellorar a súa inserción laboral e a  competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería a través de iniciativas como o programa Erasmus+.

Ademais, esta liña de acción dá resposta ás necesidade de formación e competencias lingüísticas expostas polas empresas e institucións que participan nos proxectos de formación profesional dual de Galicia. De feito, dos ciclos incorporados este curso ao plurilingüismo, 5 son proxectos de FP Dual, que se suman aos 5 grupos autorizados para o curso 2018/19.

Formación complementaria

O  alumnado  que  se  incorpore  a  un  ciclo  formativo  plurilingüe  cursará  estas ensinanzas segundo  o  establecido  na  súa  normativa  reguladora  e  ademais  cursará,  cando  menos  no  primeiro curso do ciclo, un módulo non lingüístico en lingua estranxeira. O número de módulos que se cursen en  lingua  estranxeira  poderá  ampliarse  sen  superar,  en  todo  caso,  un  terzo  do  horario en  lingua  estranxeira.

Así mesmo, ao longo dos dous cursos do ciclo o alumnado realizará actividades complementarias de  formación organizadas polo centro educativo, como charlas, obradoiros ou proxectos, cunha duración estipulada de 40 horas, e que se levarán a cabo fóra do horario ordinario do alumnado.

A maiores, o centro educativo ofrecerá unha actividade formativa  extracurricular de  carácter voluntario  para o alumnado, no primeiro e no segundo curso do ciclo, cunha carga horaria semanal de dous ou tres  períodos  lectivos  fóra  do  horario  ordinario  do  alumnado.  Esta  actividade  formativa terá por obxecto principal o afondamento e a adquisición de destrezas no idioma elixido para impartir o ciclo plurilingüe, que  sexan específicas  do  sector  profesional  ou  do  ámbito  produtivo  no  que  se  estea  a formar o alumnado.

Máis FP Dual

Carmen Pomar visitou o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) co gallo do inicio do curso na FP galega, que oferta este ano 29.165 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 1.197 ciclos e programas formativos autorizados. A novidade máis significativa prodúcese na FP Dual, cun incremento dun 58,7% a oferta de ciclos de FP Dual: dos 73 novos proxectos ofertados para este curso aos 46 do 2018/19.

A oferta na provincia de Lugo contemplou un total de 4.322 prazas en primeiro curso en centros públicos, en 182 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 3.094 forman parte do réxime ordinario –1.334 en grao medio, 1.148 en grao superior, 540 en FP Básica e 72 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 609 son do réxime modular para persoas adultas –341 en grao medio e 268 en grao superior-, e 350 do réxime modular a distancia –150 en grao medio e 200 en grao superior-. No referido á FP Dual  ofertáronse un total de 269 prazas (142 en grao medio e 127 en grao superior) en 18 novos proxectos.

Durante a súa visita Carmen Pomar destacou que no CIFP Politécnico, un dos referentes da cidade en Formación Profesional, se ofertaron para este curso un total de 4 novos proxectos de Dual, en concreto nos graos medios en Elaboración de produtos alimentarios e en Construción, no grao superior en Automatización e robótica industrial, así como a dobre titulación de grao medio en Coidados auxiliares enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia. No que atinxe ao réxime ordinario presencial, na FP Básica o CIFP Politécnico de Lugo suma o ciclo de Carpintaría e moble.

Para facilitar o crecemento da oferta de FP neste centro a Consellería ten investido nas súas instalacións preto de 360.000 euros desde 2009.