Máis de 148.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2019/20 o vindeiro luns

A matriculación, á espera dos datos definitivos, mantense practicamente invariable no seu conxunto
A estes datos aínda habería que sumar o alumnado da FP, ensinanzas nas que a matrícula aínda non se pechou
Ven, 13/09/2019 - 11:19

Un total de 148.144 estudantes comezarán o vindeiro luns, 16 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 92.862 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 0,4 % máis ca no curso 2018/19.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

27.731 alumnos

9880 alumnos

953 alumnos

Lugo

6927 alumnos

1987 alumnos

273 alumnos

Ourense

5614 alumnos

3142 alumnos

163 alumnos

Pontevedra

24.504 alumnos

10.733 alumnos

955 alumnos

Total

64.776 alumnos

25.742 alumnos

2344 alumnos

 

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse un 4,2% respecto do curso anterior:

 

    2018/19

   2019/20

A Coruña

1245 alumnos

1297 alumnos

Lugo

510 alumnos

531 alumnos

Ourense

399 alumnos

416 alumnos

Pontevedra

1111 alumnos

1158 alumnos

Total

3265 alumnos

3402 alumnos

 

Bacharelato ordinario

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 30.973 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 1,5% máis ca no curso 2018/19.

 

 

Centros públicos

Centros privados non concertados

A Coruña

10.619 alumnos

2616 alumnos

Lugo

2828 alumnos

271  alumnos

Ourense

2296 alumnos

534 alumnos

Pontevedra

9973 alumnos

1836 alumnos

Total

25.716 alumnos

5257 alumnos

 

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española mantense case invariable:

 

2018/19

2019/20

A Coruña

229 alumnos

228 alumnos

Lugo

95 alumnos

94 alumnos

Ourense

65 alumnos

65 alumnos

Pontevedra

213 alumnos

212 alumnos

Total

602 alumnos

599 alumnos

 

Ensinanzas de réxime especial

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 12.638 estudantes, é do 4,8% respecto do curso 2018/19.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2019/20 é a seguinte:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Ensinanzas básicas nivel I

207 alumnos

248 alumnos

29 alumnos

217 alumnos

701 alumnos

Ensinanzas básicas nivel II

261 alumnos

57 alumnos

28 alumnos

227 alumnos

573 alumnos

Ed. Secundaria adultos niveis I e II

2103 alumnos

547 alumnos

609 alumnos

2049 alumnos

5308 alumnos

Bacharelato presencial

536 alumnos

69 alumnos

117 alumnos

467 alumnos

1189 alumnos

Bacharelato semipresencial/distancia

1764 alumnos

355 alumnos

226 alumnos

583 alumnos

2928 alumnos

Ensinanzas non regradas

364 alumnos

327 alumnos

417 alumnos

831 alumnos

1939 alumnos

 

Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.671, un 0,4% máis ca no curso anterior. En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8502, un 0,3 % máis ca no ano académico 2018/19:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Conservatorios de música e Centros autorizados de música

3476 alumnos

1143 alumnos

993 alumnos

2890 alumnos

8502 alumnos

 

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 333, un 5,6 % menos ca no curso 2018/19; mentres que nas de arte dramática haberá 177 alumnas e alumnos, un 1,7% máis ca no ano académico anterior.

Pola súa banda o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño diminúe un 1,9%, con 668 estudantes. No caso dos estudos superiores de deseño haberá 743 matriculados, un 2,7% máis ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 81 alumnos, 7 menos ca no 2018/19. No caso das ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é do 3,3%, acadando os 1167 alumnos.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional –non incluída nos devanditos 148.144 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que –contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de máis de 52.000.

Centros escolares

Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educa. Primaria e Secundaria (1)

54

26

20

64

164

C. de ESO

17

3

2

16

38

C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias

83

35

25

70

213

C. de ensinanzas postobrigatorias

43

11

12

32

98

C. de primaria, ESO e  ensinanzas postobrigatorias (1)

33

3

7

26

69

C. de adultos (2)

3

2

2

3

10

TOTAIS

233

80

68

211

592

  1. Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
  2. Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos