Modificación do punto vixésimo primeiro, engadido un novo punto vixésimo segundo e engadido un punto 5 á disposición adicional primeira do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal interino e substituto

Lun, 12/08/2019 - 09:23

Xúntase a Resolución do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSI.F e FETE-UGT polo que se modifica o punto vixésimo primeiro, se engade un novo punto vixésimo segundo e se engade un punto 5 á disposición adicional primeira do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).