O conselleiro de Educación asiste ao XXV aniversario co CEIP Terra Chá de Vilalba, en Lugo

Xesús Vázquez Abad visitou o centro no que remataron o curso 75 estudantes

Este ano o centro contou con tres seccións bilingües

O colexio leva recibido 9.100 euros para a mellora da súa biblioteca

Xov, 30/06/2011 - 19:30
O conselleiro de Educación asiste ao XXV aniversario co CEIP Terra Chá de Vilalb
O conselleiro de Educación asiste ao XXV aniversario co CEIP Terra Chá de Vilalba, en Lugo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe aos actos de celebración do XXV aniversario do CEIP Terra Chá, en Vilalba, Lugo. Cómpre recordar que no recen finalizado curso escolar a Xunta investiu neste centro máis de 151.000 euros para a mellora da biblioteca escolar –que forma parte da Rede do Plan de Mellorar de Bibliotecas Escolares-, os servizos de comedor e o transporte escolar.

No acto Vázquez Abad, que estivo acompañado pola directora do centro Silvia Cantalapiedra, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, e polo xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo.

As homenaxes

Ao longo da xornada de hoxe homenaxeouse á axudante de cociña, María Teresa Pico, e as profesoras, Marina Vázquez, e Josefa Prado, xa que as tres traballaron no centro durante estes 25 anos.

Durante estes anos o CEIP Terra Chá contou con máis de medio centenar de profesores responsables dos preto de 400 estudantes que pasaron polas súas aulas. O centro foi dirixido por Visitación Rouco Varela, Jesús Novo Freire, e Silvia Cantalapiedra, que este ano remata a súa labor no mesmo e cede o posto a Gonzalo Eiros Sierra. Cómpre destacar que todos eles estiveron presentes nas celebracións do aniversario, así como numerosos pais, nais, alumnos e ex estudantes e docentes.

A situación do centro

O acto de celebración celebrouse días despois do remate do curso escolar para os 75 nenas e nenos do centro, cuxa biblioteca forma parte do plan de mellora (PLAMBE), ao abeiro do que leva recibido 9.100 euros.

Por outra banda cómpre recordar que máis de medio millar de alumnas e alumnos beneficiáronse no curso 2010-2011 das tres seccións bilingües que o centro ten en inglés. Asemade contaron cunha auxiliar de conversa procedente de New Jersey (EEUU), e que para o vindeiro curso escolar será substituída por outra procedente de Arizona (EEUU).

O conselleiro tamén aproveitou para coñecer as instalacións do colexio, entre as que se atopan o comedor escolar que da servizo a todos os estudantes do centro e no que a Consellería ven de investir preto de 41.000 euros no recén rematado curso. Ademais os escolares do Terra Chá dispoñen de transporte escolar que levou consigo un desembolso de máis de 105.000 euros no 2010-2011.

Con esta visita Xesús Vázquez Abad celebrou xunto coa comunidade escolar as súas vodas de prata ao tempo que puido comprobar de primeira man a situación do centro, e escoitar á comunidade educativa.