Listaxe de persoas admitidas e excluídas dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Mar, 16/07/2019 - 13:36

De conformidade co establecido no artigo 11 da orde do 8 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2018 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, procédese á exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanación ou requirimento).

  • Prazo de presentación da documentación do 17 ao 31 de xullo de 2019.