Título node Learning object

A igualdade en cifras, sobre as fendas de xénero no ámbito educativo
Lun, 01/07/2019 - 11:08
portada

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou este ano o documento "Igualdad en cifras". O documento ofrece unha ollada con perspectiva de xénero que permite observar as fendas de xénero que aínda están presentes no ámbito educativo e que se poden observar na presenza, participación e resultados académicos de homes e mulleres nas diferentes etapas educativas.

Entre outros, pódense obter datos sobre a presenza de homes e mulleres na profesión docente e en cargos directivos, a matrícula de alumnado nos distintos itinerarios formativos e os datos relativos ao éxito escolar do alumnado.

Pódese consultar o documento na seguinte ligazón.

Para obter datos desagregados por comunidade autónoma pódese consultar en EDUCAbase, a base de datos estatística co Ministerio.