A Consellería de Educación e a ACSUG atraen a Santiago a celebración da IX edición do Foro sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior
As xestións realizadas por ambos remataron coa concesión do encontro que se celebrará o vindeiro mes de xuño de 2012
A capital galega situouse por diante doutras candidaturas e a Escola Galega de Administración Pública será o lugar de celebración
O encontro, que este ano celebrouse en Santander, reuniu a mais de cincocentos congresistas representantes das universidades españolas
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG) atraen a Santiago a celebración da IX edición do Foro sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES) que se celebrará o vindeiro mes de xuño de 2012.
A confirmación foi efectuada polo director do Foro, Gualberto Buela- Casal tras a reunión mantida está maña co conselleiro de Educación Xesús Vázquez Abad. O evento será realizado conxuntamente pola Consellería e a ACSUG e en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
No encontro, celebrado en San Caetano, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, a presidenta e o director da AGSUG, María Patrocinio Morrondo e José Eduardo López Pereira. Asemade tamén estivo presente Mº Paz Bermúdez Sánchez, profesora da Universidade de Granada, que acompañou ao director do FECIES.
Antes da reunión Buela- Casal visitou as instalación da EGAP, e mostrou a súa conformidade coas mesmas, tal el como ratificou no encontro posterior no que confirmou a idoneidade e excelencia das mesmas para a celebración do foro en 2012. Cómpre recordar que Santiago situouse por diante doutras cidades que tamén aspiraban a acoller dito evento.
A importancia do Foro
Cómpre destacar que no 2011 o FECIES celebrouse en Santander, e nel déronse cita máis de cincocentos congresistas que representaban a práctica totalidade das universidades españolas. O obxectivo deste encontro é dar a coñecer a nova organización das ensinanzas universitarias; e realizar unha actualización da situación do proceso da Converxencia Europea en España e na Unión Europea. Ademais é un foro de análise e debate sobre a selección do profesorado contratado, os funcionario e sobre a situación do doutorado en España e na UE.
Ao longo da semana de congreso tamén se dan a coñecer os distintos plan que teñen as universidades españolas para potenciar a investigación, a calidade de Educación Superior Univeristaria e a converxencia Europea.